"O chan pode romper", a mostra pictórica que une Marín con Estrasburgo
Por Redacción
O proxecto Marín-Strasbourg Interchange é unha mostra conxunta comisariada polo pintor marinense Antón Sobral na que se exporán as obras das artistas Ilona Maier, Ingrid Rodewald, Melody Seiwert e Susanne Neiss.
A exposición levará por título "The ground may break off" ("O chan pode romper").
As catro artistas alemás, residentes en Strasburg, amosan as súas obras xa que foron convidadas polo Concello de Marín no Museo Manuel Torres de Marín.
A mostra é a segunda dende que o ano pasado participou en Estrasburgo o artista mariñense Antón Sobral.
Se inaugurará o venres ás 20.00 horas