Vicky Peña, 'El Brujo', Fernando Guillén Cuervo ou Paco Tous, teatro en Novacaixagalicia ata maio
Por Alejandro Espiño
Seis novas obras teatrais chegarán a Pontevedra da man da Fundación Novacaixagalicia durante o primeiro semestre de 2014. Grandes nomes da escena española como Vicky Peña, Rafael Álvarez 'El Brujo', Ana Milán, Fernando Guillén Cuervo ou Paco Tous representarán na cidade os seus últimos espectáculos. Será, como vén sendo habitual, no Centro Social Novacaixagalicia, situado na rúa Augusto González Besada.
Rafael Álvarez 'El Brujo' con Mulleres de Shakespeare abre o telón da tempada teatral en Pontevedra o 9 de febreiro ás 19.30 horas. Seguindo o rastro do crítico norteamericano Harold Bloom, un dos maiores estudiosos deste escritor, a obra explora a conciencia feminina a través de Rosalinda, Catalina, Beatriz e Julieta, catro personaxes emblemáticos do mundo shakespeariano.
Unha maior sabedoría, perspicacia e sentido da realidade, fronte ao instinto elemental e básico do home marca o sabor desta acertada obra de Rafael Álvarez. Nesta era de cambio de paradigma, Álvarez ofrece unha reflexión interesante sobre conceptos como o patriarcal, o ambivalente, o homosexual ou o feminista ou feminino.
El diccionario chegará a Pontevedra o día 7 de marzo ás 20.30 horas. ÿ un texto de Manuel Calzada sobre a superación, o tesón e o amor pola palabra e conta coa interpretación de Vicky Peña, no papel de María Moliner, Helio Pedregal e Lander Iglesias. Reproduce unha parte da vida da autora do máis famoso dicionario de uso da lingua española, o María Moliner, unha obra hercúlea que se atrevía a corrixir á mesma Real Academia Española.
Poucos coñecen que a súa autora, unha bibliotecaria calada e laboriosa, escondía unha biografía de traxedia forxada a base de tesón. El diccionario é unha historia chea de ironía, tenrura e emoción que, a través da vida desta pionera da cultura española, convértese nun canto á esperanza contra o inmobilismo.
O 14 de marzo ás 20.30 horas será a quenda de Hoy: el diario de Adán y Eva. Trátase da versión renovada dun dos clásicos da literatura, o texto de Mark Twain El diario de Adán y Eva, unha historia de amor atemporal. Esta vez, está dirixida por Miguel Ángel Solá e conta con Ana Milán e Fernando Guillén Cuervo, parella na vida real. ÿ un dos máis grandes éxitos do teatro que sumou, no seu momento, máis dun millón de espectadores.
Largo viaxe cara á noite, a nova representación do Centro Dramático Galego, estará en Pontevedra o 12 de abril ás 20.30 horas. Está baseada nun dos máis soados textos de Eugene Ou´Neill, o fundador do teatro norteamericano moderno. A obra narra a crónica dun só día na vida dos Tyrone, unha familia crebada: James, un actor de éxito que non puido formar un auténtico fogar; Mary, a súa muller, presa dunha adicción imposible; Jamie, o fillo maior, alcohólico; e Edmund, un mozo soñador, pero doente de tuberculose.
O texto clásico de Calderón da Barca, La dama duende, será representado en Pontevedra o 25 de abril ás 20.30 horas. Interpretada por Chema León, Iván Hermes, Diana Palazón, Mona Martínez, Marcial Álvarez, Emilio Gómez e Eva Marciel, a obra conta a coñecida historia de Doña Ángela, viúva, que consegue entrar ás agachadas nun cuarto pechado ao que non se pode acceder de ningún xeito. Só se atopan explicacións místicas ao enigmático.
Os personaxes creen que constrúen a súa propia sorte, pero aos poucos os acontecementos vólvense na súa contra, revelando a natureza do engano. Calderón hilvana multitude de argumentos nun mundo de dubidosa e libertaria moral, onde Doña Ángela escapa ás obrigacións que lle impón a súa viuvedade para frecuentar a compaña dos homes, ademais o seu corrupto criado, Cosme, comete latrocinio diante da cómica rixidez de Don Luís, espírito do decoro e da corrección.
Mitad y mitad é unha obra que se debate entre a traxedia e a comedia que está interpretada por Paco Tous e Pepón Nieto e que chegará á cidade pontevedresa o 9 de maio ás 20.30 horas. Conta a historia de dous irmáns que se pelexan pola herdanza dunha nai a piques de falecer. Ambos se sinceran e descobren que ambos están dispostos a dar un pequeno empurrón á súa nai e acabar con todo para poder repartirse un importante diñeiro. Parte do dilema que propón a obra xira en torno á complexidade das relacións familiares, que non sempre son fáciles.
As entradas pódense adquirir a través de www.servinova.com. Tamén están dispoñibles os abonos teatrais para toda a programación, que supón un aforro do 20% respecto de as entradas soltas. O prazo para esta segunda opción finaliza o vindeiro luns 20 de xaneiro.
Relacionadas:
-
O clásico de Mark Twain 'El Diario de Adán y Eva', agora nun estudio de radio
Por Redacción |
-
'El diccionario', con Vicky Peña como María Moliner, chega a Pontevedra
Por Redacción |
-
As "Mujeres de Shakespeare" de Rafael Álvarez 'El Brujo' abren con éxito a tempada teatral de Novacaixagalicia
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
'El Brujo' abre a tempada de abonos de teatro coas mulleres máis emblemáticas de Shakespeare
Por Redacción |
-
Javier Coronas, Javier Cansado e Pepe Colubi exhibirán a súa 'ilustre ignorancia' en Pontevedra
Por Redacción |