Andrea Fernández Maneiro estrea este venres 'Conversas Arredor', encontro poético-artístico en Vilagarcía
Por Redacción
O Concello de Vilagarcía anuncia a posta en marcha de 'Conversas Arredor', un novo evento consistente nun encontro poético-artístico que se vai desenvolver unha vez ao mes en distintos puntos da cidade.
Sonia Outón, concelleira de Cultura, presentaba esta actividade coa autora vilagarciá Andrea Fernández Maneiro, que será a encargada de iniciar esta proposta coa presentación do libro 'Voto de Silencio', obra gañadora do IV Premio de Poesía Eduardo Pondal.
Na cita tamén intervirán Patricia Torrado Queiruga e os músicos Manuel Dopico Orjales e Xosé Lois D. Lucio, que interpretarán diversas pezas neste encontro poético aberto ao público.
O acto comezará ás 20.30 horas deste venres 9 de xuño no vestíbulo do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.