Marta Pazos inaugura a instalación 'Matria' na Cuadrienal de Praga
Por Redacción
A artista visual, escenógrafa, directora de escena de teatro e ópera pontevedresa Marta Pazos deu a coñecer este xoves, na 15ª Cuadrienal de Praga, a súa nova creación, a instalación Matria.
A proposta, seleccionada polo Pavillón Internacional da que se considera a exhibición internacional de escenografía e arquitectura teatral máis grande e significativa do seu xénero en todo o mundo, poderase visitar ata o 18 de xuño na Galería Nacional de Praga.
Matria é unha instalación plástica inmersiva en cor amarela flúor, coa que Pazos continúa a súa investigación sobre a cor, que fala da conexión entre diferentes dimensións e na que o público ha de introducirse para descubrir unha vulva de tres metros e medio de altura realizada con materiais do universo íntimo feminino.
A sonoplastia da peza, creada polo músico Hugo Torres, flúe entre o son acuoso e os tambores que lembran ao latexado do corazón e do centro da Terra.
Matria foi creada nos talleres da AGADIC en Santiago de Compostela, coa colaboración do Centro Dramático Galego.
Ademais de asistir á inauguración de Matria, nesta xornada Marta Pazos participan unha mesa redonda titulada Tradición e folclore na creación de espazos xunto ás escenógrafas Montse Amenós, Elisa Sanz e Maral Kekejian.
Relacionadas:
-
A pontevedresa Marta Pazos dirixe a ópera da segunda compositora que estrea na historia do Gran Teatre del Liceu de Barcelona
Por Anxo Lourido |
-
Marta Pazos dirixe a nova produción do CDG, 'Ás oito da tarde cando morren as nais'
Por Anxo Lourido |
-
A pontevedresa Marta Pazos devolve ás táboas "Comedia sen título", de Lorca
Por Redacción |
-
'Viaje a la Luna', montaxe da directora pontevedresa Marta Pazos sobre a poética visual de Lorca
Por Redacción |