O "rock insatisfeito" de Malkeda sonará este sábado na Sala Karma
Por Redacción
Sala Karma cede o seu escenario esta fin de semana a un dos grupos pontevedreses máis exitosos, Malkeda. O estilo musical persoal e inclasificable deste quinteto, que asegura facer un "rock insatisfeito froito das circunstancias da vida", soará este sábado 10 de novembro ás 22:30 horas. Presentarán Un día sin ayer, o seu traballo discográfico máis recente.
Trátase dun disco no que a banda, fichada por Krazy Musik Producciones, quixo subir un peldaño máis uníndose ao recoñecido productor vigués Pablo Igrexas (Hora Zulu, Kannon, The Killer Barbies), un traballo gravado nos prestixiosos estudos Planta Sónica 2 de Vigo con Pancho Suarez como enxeñeiro de son e editado en Bulgaria por Juan Rúa.
Tras buscar e buscar atoparon a fórmula e está nas once cancións que conforman este compacto, unha aposta por un son e mestura máis americano, todo isto é o resultado dun son de excelente calidade. O disco consta de once cortes nos que se pode apreciar a evolución do grupo cara a un son máis coidado pero sen deixar ese son "Malkeda".
As entradas para o concerto, cinco euros se se compra de forma anticipada e seis se se adquíre na billeteira, están dispoñibles en Barullo Música e Rei Zentolo Pontevedra.