Docs del Mes trae a Pontevedra "Adiós, queridos haters", unha viaxe de aceptación e diversidade

Por Redacción
Adiós, queridos haters é a aposta para unha nova proxección do ciclo Docs do Mes, impulsado pola Vicerrectoría do campus e Docs Barcelona. Poderá verse este luns 20 de novembro, a partir das 20:00 horas, na Casa das Campás. A entrada será libre ata completar aforo.
O documental, dirixido pola realizadora polaca Hanka Nobis, narra a historia de Antek, un mozo polaco de vinte anos que creceu nunha familia relixiosa e de extrema dereita.
Ademais, pertence a un grupo formado soamente por mozos que se chama The Brotherhood, con quen comparte o catolicismo, o nacionalismo, a homofobia e o celibato como única forma de vivir posible.
Todo cambia cando Antek coñece a unha moza e namórase. De súpeto, Antek empeza a dubidar dos preceptos da relixión, a política e a ideoloxía que lle inculcaron desde a infancia.
Aos poucos, Antek empeza a romper as normas impostas e cuéstionase a prohibición do sexo prematrimonial ou a existencia de Deus mentres descobre un novo respecto cara á comunidade LGTBIQ+.
A medida que o seu mundo interior vaise afundindo, Antek dáse conta de que viviu atrapado nunha concepción enfermiza da masculinidade.