A Gimnástica renuncia á Primeira División Nacional Feminina de atletismo
Por Diego Espiño
A xunta directiva da Sociedad Gimnástica de Pontevedra comunicou oficialmente á Federación Española de Atletismo a renuncia a competir co seu equipo feminino na categoría de Primeira División Nacional durante a próxima temporada 2012/2013.
Tras catro anos na Segunda División, as mozas da Gimnástica lograron o ascenso de categoría o pasado mes de xuño na pista de Alcorcón. Agora, os despachos obrigan a dar un paso atrás en busca da viabilidade do club. Non poder garantir un orzamento competitivo ante o custo que suporía manter ao equipo masculino na División de Honra e ao feminino na Primeira División fai inviable o reto.
A Sociedad Gimnástica pediu públicamente desculpas as súas atletas por privalas dunha categoría "que se merecían polo seu traballo diario nos adestramentos, a súa ilusión e a súa fame por gañar nas competicións".