Santi Domínguez e Iago Paz cáense definitivamente da convocatoria ante o ÿrdenes
Por Diego Espiño
Os problemas acumúlanselle a Milo Abelleira antes do importante compromiso no Estadio de Vista Alegre ante o ÿrdenes (domingo, 16:15 horas).
Á mala xira de resultados en liga, nos que o Pontevedra tan só logrou 9 dos últimos 24 puntos, únese agora a ausencia de dous dos piares do equipo granate. O seu máximo goleador, Santi Domínguez, caeu da convocatoria ao non ter podido cambiar a quenda no seu lugar traballo, en Aldán. A directiva do club intentou sen éxito adiantar o partido ao sábado, pero ante a negativa do equipo coruñés o ariete terá que perderse a cita a pesar de evolucionar favorablemente dos seus problemas nas costas.
O que non superou as súas molestias físicas é Iago Paz. Ao mediocentro realizáronselle diversas probas que confirmaron unha pequena rotura de fibras. O obxectivo agora é recuperalo para o encontro da próxima semana en Pasarón.
Tras a última sesión preparatoria, a lista definitiva está conformada por Lloves, Lorenzo, Adrián, Nano, Yago Vázquez, Pablo, Sestelo, Fran Fandiño, Jacobo, Moisés, Cristobal, Emilio, Richi, Stefan e Buba. Quedaron fora Pacheco, Tomás Abelleira, Javi Pazos e Breogán, ademais das ausencias obrigadas de Santi, Iago e Caco.
O adestrador granate terán que variar as habituais parellas en ataque e mediocampo. Na medular é probable que Cristóbal Juncal modifique a súa posición para acompañar a Moisés Pereiro, mentres Tubo se perfila como acompañante de Stefan en punta.
O Ordes non será un rival sinxelo a teor dos seus números como local na presente tempada. No seu estadio gañou os últimos catro encontros ante Deportivo B, Rácing Villalbés, Alondras e Céltiga. Por ese motivo os xogadores pontevedreses, segundo o central Sestelo, deberán estar moi concentrados se queren ter opcións de puntuar, "es un bloque ya formado desde hace unos años y por encima se les han sumado Capelo y Nacho que están haciendo goles, será difícil pero nosotros necesitamos puntuar de tres en tres y romper la racha negativa".