Papanoelada en paddle surf polo río Lérez
Por Redacción
Más de 50 deportistas protagonizaron o pasado 17 de decembro unha divertida xornada de paddle surf polo río Lérez vestidos de Papá Noel.
Organizada polo Imua Paddle Surf Club Aguete e Paddle Surf Sanxenxo, os mozos deportistas de ambos os dous clubs xunto a pais e nais gozaron dunha iniciativa que tiña ademais un compoñente solidario.
Entre todos lográronse reunir case 300 quilos de comida para doar ao comedor social de San Francisco, sendo parte da inscrición solicitada para participar.
No paseo pola ría participaron persoas de todas as idades, desde os 6 anos ata os 67.
Ao finalizar o percorrido, desde a praia fluvial ata a ponte do Burgo, todos os presetes gozaron dunha chocolatada.