Traballo sen pausa cara ao Europeo de Ciclocrós na cidade 'where the bikes bótanse ó lombo'
Por Redacción
Vai ser unha das grandes citas de 2024, por iso en Pontevedra seguen dando pasos na organización do próximo Campionato de Europa de Ciclocrós, que se celebrará os días 2 e 3 de novembro na Illa das Esculturas.
Un deles foi a elección do lema promocional do evento, 'Where the bikes bótanse ó lombo', unha frase estreada na pasada Copa de España e que estará presente nos anuncios do campionato e tamén en varios puntos do circuíto, como nos obstáculos que se instalarán.
Precisamente o percorrido centra agora mesmo gran parte dos esforzos organizativos, e é que o circuíto da Illa das Esculturas sufrirá cambios con respecto ao proposto nos últimos anos para os Campionatos de España e Copas de España organizadas na Boa Vila.
A intención, segundo sinala a Federación Galega de Ciclismo, é aumentar a dificultade técnica e a espectacularidade para os afeccionados.
Entre outras cousas, avanzan, instalarase un bancal de area para permitir ver o esforzo dos ciclistas sobre esta superficie, uns taboleiros nos que demostrar a habilidade ben saltando sobre a bicicleta ou ben desmontando e tamén se está a traballar para poder contar cunha ponte nas inmediacións do río Lérez, permitindo prolongar a rampla de herba previa á zona de asfalto.
Todo para lograr que o evento sexa todo un éxito prolongando o idilio da Boa Vila cos grandes eventos internacionais.
Relacionadas:
-
Eurovision visita a Illa das Esculturas para planificar a cobertura televisiva do Europeo de Ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
O Europeo de Ciclocrós de Pontevedra será de acceso libre para todos os espectadores
Por Diego Espiño |
-
O Europeo de Ciclocrós espera "máis de 900 corredores" e terá sinal televisivo internacional
Por Diego Espiño |
-
Constituído o comité organizador do Campionato de Europa de Ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
Cruz para a tripla representación pontevedresa no Mundial de Ciclocrós
Por Redacción |
-
O Campionato de Europa de Ciclocrós de Pontevedra promociónase en Benidorm
Por Redacción |
-
Botín de medallas para o ciclocrós pontevedrés no Campionato de España
Por Redacción |
-
Pontevedra mira cara ao Europeo de Ciclocrós de Pont-Château
Por Redacción |
-
Kevin Suárez e Laura Verdonscht impóñense no Gran Premio Cidade de Pontevedra de Ciclocrós
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Ensaio xeral para o Europeo de Ciclocrós de 2024 no Gran Premio Cidade de Pontevedra máis internacional
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra pasa con nota a inspección da Unión Europea de Ciclismo de cara ao Campionato de Europa de Ciclocrós 2024
Por Diego Espiño |
-
Asinado en Madrid o convenio que concede a Pontevedra o Europeo 2024 de Ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
Xa é oficial, o Campionato de Europa de Ciclocrós 2024 celebrarase en Pontevedra
Por Diego Espiño |