A Carreira de Campións reivindica a figura do ciclista afeccionado
Por Redacción
ÿ a cuarta ocasión que a Carreira de Campións de ex-ciclistas profesionais celébrase en Pontevedra pero ningunha tan especial como a deste sábado. Especial porque coincidía co día mundial adicado ás vítimas de accidente de tráfico, o que sumado á marcha popular que se incluía na proba este ano, converteu o evento nunha xornada de reivindicación da figura do ciclista afeccionado.
En canto á competición, cunha contrarreloxo por equipos e unha proba de fondo polas rúas do centro de Pontevedra, Marcial Rodríguez impúxose na categoría de máis de 35 anos por diante de Javier Iglesias e Manuel Rodríguez Gil. Evaristo Portela foi primeiro en máis de 50 anos.