Un Teucro con moito 'Ingenio' (34-31)
Por Redacción & Cristina Saiz
A Sociedad Deportiva Teucro segue sumando de dúas en dúas e xa leva oito partidos consecutivos gañando. O último triunfo foi ante o Balonmano Ingenio por 34-31.
Con todo, foi unha vitoria un tanto sufrida, e é que aos pupilos de Irene Vilaboa custoulles meterse no encontro e comezaron perdendo 3-6. Ese primeiro parcial obrigou á adestradora pontevedresa a parar o cronómetro, Eloy Krook e Sergio Blond reduciron distancias, pero dous goles de Pablo Hernández e un de Bentor Deniz volvían complicar as cousas ao Teucro (5-9).
Foi nese momento cando chegaron a xogadas clave do partido. Primeiro foise Rafael Sánchez dous minutos ao banco e Caue Herrera e Carmelo puxeron o 7-9. Cando este ingresou na cancha, o excluído foi Dani Martín, e Rhuan Marchette aproveitou a superioridade para anotar dous goles que significaron o empate (9-9, min. 16).
Cambiaron por completo as sensacións dos locais a partir dese momento. Entoáronse en defensa e empezaron a complicar as cousas dun Ingenio que vía como o Teucro íase descolgando e chegaba ao descanso cunha renda de tres goles (17-14).
Tras o paso polos vestiarios o envite volveu igualar e o cadro canario mantivo o pulso. A diferenza no marcador variaba entre un e dous goles e, en ocasións, elevábase aos tres.
Pero foi no ecuador do segundo tempo cando Irene Vilaboa viuse obrigada a parar o cronómetro. O encontro xa entraba nos minutos decisivos e non se podía seguir perdoando (26-25).
E nun visto e non visto, un 4-0 noqueó por completo aos visitantes (30-26) e foi o técnico do Ingenio o que pediu tempo morto coa intención de reverter a situación.
En lugar de conseguilo, os azuis elevaron a seis goles a diferenza cando apenas quedaban xa cinco minutos para a conclusión (33-27). Cos dous puntos no peto, o Teucro baixou os brazos e o Ingenio tan só puido maquillar o resultado final (34-31).
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
Duro correctivo do Oar Coruña ao Teucro (30-24)
Por Redacción |
-
O Teucro invoca ao regreso da 'Marea Azul' para acompañar o equipo na Coruña
Por Diego Espiño |
-
O Teucro mantén o ritmo (26-22)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Teucro sorprende o líder Lanzarote cun gol case sobre a bucina (31-31)
Por Redacción |
-
Folgada vitoria do Teucro ante o Tejina para seguir a un ritmo imparable (19-26)
Por Redacción |
-
O Teucro gaña con autoridade o Porriño para colocarse terceiro (37-25)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Solvente segunda metade do Teucro para superar ao Carballal (25-33)
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Teucro ante un Bueu que morreu na beira (32-27)
Por Redacción & Cristina Saiz |