O Teucro sorprende o líder Lanzarote cun gol case sobre a bucina (31-31)
Por Redacción
Un gol de Rhuan Marchette case sobre a bucina permite á Sociedad Deportiva Teucro sumar un punto do máis importante en casa do líder Lanzarote.
O cadro pontevedrés foi a remolque en todo momento e mesmo chegou a ir catro goles por baixo durante gran parte do partido, de feito non foi ata os últimos 10 minutos cando deu o golpe sobre a mesa para conseguir empatar.
Arrincou o partido mal para o Teucro, superado en defensa por un Lanzarote que tomaba a dianteira cun 6-3 que obrigaba a Irene Vilaboa a parar o tempo aos oito minutos de xogo.
Carmelo Álvarez e Xurxo Rivas recortaron distancias, pero un novo parcial de 4-0 complicaban aínda máis as cousas para os de Pontevedra (9-5).
Emerxeu de novo a figura de Rivas en ataque xunto á de Eloy Krook, e entre os dous encargáronse de meter de cheo ao seu equipo na disputa e recortar diferenzas nun gol (9-8).
Pero de novo o Lanzarote pisou o acelerador aproveitando as exclusións de Krook e Dani Pintus a pouco menos de 10 minutos para o descanso e, unha vez máis, recuperou a renda de catro goles.
O Teucro non se ía a deixar superar así como así, apertou os dentes en defensa, corrixiu os erros en ataque e conseguiu reducir a diferenza en tan só un gol ao finalizar o primeiro tempo (16-15).
Despois do paso polos vestiarios mantívose a mesma tónica que na primeira metade. Os canarios ampliaban a súa vantaxe en non máis de catro goles, e os pupilos de Irene Vilaboa remaban para manterse na pelexa e sacar algún beneficio da visita á casa do líder.
Cun resultado de 27-24 alcanzáronse os últimos 10 minutos de xogo. Carmelo foise dous minutos ao banco cando o seu equipo máis o necesitaba, pero en lugar de producir efecto negativo na escuadra pontevedresa a inferioridade numérica, Caue Herrera e Xurxo Rivas recortaron distancias (27-26).
Non había nada decidido, pero o Lanzarote vía como o traballo realizado ata o momento fora en balde. De feito, o cadro local, a pesar de tentar manter a vantaxe, estrelábase contra un Teucro que non quería deixar escapar nin un só balón.
Quedaban pouco máis de dous minutos por disputarse (30-28), Pintus anotou para os pontevedreses, Santana emerxeu en portería, Xurxo Rivas fixo o empate e Manu Iglesias anotou o 31-30. Irene Vilaboa parou o cronómetro a falta de 25 segundos para o final, os seus xogadores administraron o tempo á perfección, abriron á dereita e Rhuan Marchette encargouse de facer o empate final case sobre a bucina.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
Triunfo na Cañiza dun Teucro que quere o segundo posto (30-35)
Por Redacción |
-
Duro correctivo do Oar Coruña ao Teucro (30-24)
Por Redacción |
-
O Teucro invoca ao regreso da 'Marea Azul' para acompañar o equipo na Coruña
Por Diego Espiño |
-
O Teucro mantén o ritmo (26-22)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un Teucro con moito 'Ingenio' (34-31)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Folgada vitoria do Teucro ante o Tejina para seguir a un ritmo imparable (19-26)
Por Redacción |
-
O Teucro gaña con autoridade o Porriño para colocarse terceiro (37-25)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Solvente segunda metade do Teucro para superar ao Carballal (25-33)
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Teucro ante un Bueu que morreu na beira (32-27)
Por Redacción & Cristina Saiz |