Nace a I Ruta BTT Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño
ÿ un dos deportes que máis adeptos logrou captar nos último anos, pero con todo Pontevedra, malia algún intento previo, aínda se resistía a albergar unha proba de BTT (bicicleta de montaña) para deportistas afeccionados.
Iso vai cambiar co I Ruta BTT Cidade de Pontevedra, que o Club Ciclista Farto organiza para o vindeiro domingo 30 de marzo.
Esta proba, herdeira da Ruta do Pichinela organizada en 2013 en Salcedo, contará con saída e chegada na Avenida de Montero Ríos da cidade de Lérez, cun percorrido que transcorrerá principalmente pola zona do Lago de Castiñeiras.
Serán en total 35 quilómetros cunha dificultade media, e contará, entre outras cousas, con avituallamento no campo de tiro de Castiñeiras e un pincho na chegada para todos os participantes.
A inscripción xa está aberta, podendo realizarse ata o 24 de marzo a través da páxina de Facebook Ruta BTT Cidade de Pontevedra e ata o día 27 en Bicicletas Farto.
Segundo explica Abel Farto, a decisión de achegar a proba ao centro da cidade nace porque "lo que es en Pontevedra rutas de BTT no se hacía nada, todo se enfocaba a otros deportes y aquí hay muchísimos aficionados a la bicileta de montaña".
A idea, segundo traslada, é que a proba teña continuidade, unha vez asegurado o apoio do Instituto Municipal de Deportes.
Antes de dirixirse cara a Castiñeiras, e tras saír de Montero Ríos ás 9:30 horas, o pelotón circulará cara á Praza de Galicia e Fernández Ladreda para dirixirse desde alí ao lago.
En poucos días xa se supera o centenar de persoas anotadas, aínda que a organización espera polo menos "llegar a los 600 que participaron en la Pichinela".
O custo de inscripción é de 6 euros, dos cales un irá destinado como axuda á Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal.
Relacionadas:
-
Máis de mil ciclistas participan na I Ruta BTT Cidade de Pontevedra
Por Diego Torrado |
-
Preto de 1.000 ciclistas tomarán a saída na I Ruta BTT Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Presentan oficialmente a I Ruta BTT Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
'BTTroita', nova ruta popular para afeccionados á bicicleta de montaña
Por Diego Espiño |