Agridoces sensacións de Pablo Dapena en Mooloolaba (Australia), a súa primeira Copa do Mundo de Tríatlon
Por Alejandro Espiño
Mooloolaba (Australia), 15 de marzo de 2014. Este foi un tríatlon inesquecible para o pontevedrés Pablo Dapena. Era a primeira vez que participaba nunha proba da Copa do Mundo, unha das competicións internacionais máis prestixiosas desta disciplina. Finalizou nun meritorio posto 44, aínda que as súas sensacións, como el mesmo recoñeceu ao término da carreira, non foron as mellores.
Era unha proba que Pablo Dapena levaba preparando varias semanas en Nova Zelanda. E ao principio fóronlle ben as cousas. Co dorsal 59 ás costas, completou os 750 metros da natación en 09'12", a tan só doce segundos do seu compatriota, Mario Mola, que acabaría gañando este triatlón. Mantívose no grupo de cabeza durante todo o segmento de bicicleta. Acabou os 20 quilómetros codeándose cos grandes favoritos.
Pero o triatleta pontevedrés afundiuse na carreira a pé. Os cinco quilómetros foron interminables para el, completándoos nun tempo de 16'35", a case tres minutos da cabeza. Acabou no posto 44, cun tempo global de 57"05, a dous minutos e 47 segundos de Mario Mola, que substituíu a Javi Gómez Noya no palmarés da proba. Sétimo foi Fernando Alarza, que adestra en Pontevedra. Parou o crono en 55'21".
O propio Pablo Dapena, ao remate da proba, recoñecía en Twitter, que nos catro anos que leva practicando tríatlon notou na carreira "as peores sensacións de toda a miña vida". Especialmente no tramo a pé, porque asegura que "os pés pegábanseme no chan".
Sinceramente...las peores sensaciones de mi vida corriendo en estos 4 años que llevo en haciendo triatlon.Los pies se me pegaban en el suelo
Pablo Dapena Gonzale (@pablitopiny) marzo 15, 2014
El trabajo de estos 5 meses no se ha visto ni tan siquiera reflejado.Sólo queda levantarse y seguir entrenando no hay otra formula.Lo siento
Pablo Dapena Gonzale (@pablitopiny) marzo 15, 2014
En todo caso, aínda que o pontevedrés non estea contento coa súa actuación en Australia, non é menos certo que fixo historia para o tríatlon de Pontevedra. ÿ o primeiro deportista local que logra clasificarse e competir nunha proba da Copa do Mundo de tríatlon. O seu próximo obxectivo será seguir sumando puntos no circuíto. A próxima proba desta competición será en New Plymouth (Nova Zelanda).
Relacionadas:
-
Notable resultado de Pablo Dapena: o triatleta pontevedrés, undécimo na Copa de Europa de Banyoles
Por Alejandro Espiño |
-
Gómez Noya inicia en Auckland a súa defensa do título nas Series Mundiais
Por Diego Espiño |
-
Segundo posto para Gómez Noya na Copa do Mundo de New Plymouth
Por Redacción |
-
Gómez Noya inicia a súa tempada en Nova Zelandia
Por Redacción |
-
Pablo Dapena vence na casa: proclámase campión galego de tríatlon en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
ÿxito internacional do pontevedrés Pablo Dapena, segundo na Copa Panamericana de Tríatlon en Bahía Inglesa (Chile)
Por Alejandro Espiño |