O Teucro exhibe músculo presumindo de canteira
Por Diego Torrado
Este sábado 22 de marzo, durante o descanso do partido que enfrontou á SD Teucro e ao Balonmán Chapela, o Pavillón dos Deportes de Pontevedra acolleu a presentación de toda a súa Base 2013/2014.
Saltaron á pista todos os equipos que conforman o "orgullo azul", dende Alevíns a Xuvenís, e polos xogadores das Escolas Deportivas e da propia SD Teucro, de categorías Benxamín e Alevíns.
O público premiou co seu aplauso a esta forxa de campións.