Desfibriladores "para salvar vidas" en campos de fútbol, pavillóns e instalacións deportivas
Por Alejandro Espiño
Combater as mortes súpetas no deporte. Ese é o obxectivo da Deputación de Pontevedra. Para iso, a institución provincial sacará "de maneira inmediato" un concurso para dotar aos campos de fútbol, pavillóns e instalacións deportivas da provincia de desfibriladores "automáticos e de fácil manexo". Trátase dunha iniciativa á que se poderán sumar os 62 concellos pontevedreses.
"Desagraciadamente suceden moitos casos de morte súpeta no deporte e podemos e queremos evitar que se sigan producindo. ÿ algo que está ao alcance de todos e salva vidas", explicou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, quen calcula que cada desfibrilador terá un custo duns 1.000 euros, que tería que ser financiado conxuntamente polo ente provincial e os concellos interesados.
Serán os propios municipios os que soliciten o número de desfribriladores que necesitan e establecer as prioridades de instalación, primando sempre aqueles lugares onde se reúna un maior número de deportistas ou se concentren unha actividade física "por riba do normal". Neste sentido, Louzán puxo como exemplo os campos da Xunqueira de Pontevedra, "onde diariamente hai centenares de persoas".
Pola súa banda, o alcalde de Baiona e médico de profesión, Jesús Vázquez Almuiña, explicou que estes desfribriladores son "aparatos muy fiables ya" e que conta cun manexo moi sinxelo. "Es automático y al detectar una actividad anormal, dispara el choque", dixo. Indicou que se trata dun procedemento que "puede salvar vidas", ao recordar que unha ambulancia pode tardar "unos 15 minutos" e que se se responde en cinco "la persona puede salir del campo incluso por su propio pie".
Ademais de financiar o custo destes desfibriladores, os concellos recibirán un curso de formación para que o persoal encargado destas instalacións deportivas ou os propios responsables dos clubs poidan utilizalos en caso de urxencia.