O Arxil despide a súa tempada con derrota ante o Al-Qázeres (40-59)
Por Redacción
Fin á notable tempada do Club Baloncesto Arxil na Liga Feminina 2 cunha meritoria sexta praza final.
As verdes non puideron mellorar a súa posición na última xornada despois dun curso no que empezaron con dúbidas pero no que protagonizaron unha grande remontada para soñar case ata o final con clasificarse para o play-off de ascenso.
Na despedida ligueira, o equipo pontevedrés viuse claramente superado por un dos cocos, o Al-Qázeres estremeño (40-59), que afogou as de Mayte Méndez coa súa defensa.
O Arxil non logrou atacar con comodidade en ningún momento e as visitantes pronto marcaron distancia no electrónico nun partido que só mostrou igualdade no último cuarto, cando xa estaba decidido.
CB ARXIL (40): María González (4), Ana Martín (3), Carla Fernández, María Lago (3), Minata Keita (13) -cinco inicial- Andrea Carrera (4), Fany López, Cristina Díaz-Pache, Sandra Entenza (9), Aldara Vázquez, Pilar Martínez (4).
CB AL-QÁZERES (59): Claudia Aponte (17), Tatiana Gómez (17), Callan Taylor (12), Verónica Sánchez (7), Carla Ramos (5) -cinco inicial- Elena Corrales (3), Carmen Cambero, Ndeye Samba (8).
Árbitros: Benéitez Rodríguez e Alonso Díez. Sen eliminadas.
Parciais: 12-20, 10-20, 8-19, 10-10.
Incidencias: Partido disputado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.