O Xuven cae en Castelló (72-70) no último partido do curso
Por Redacción
O último partido do Xuven reflicte o que foi toda a súa tempada, un equipo competitivo na gran maioría dos encontros pero que perdeu moitos deles nos finais apertados.
Así aconteceu tamén na despedida ligueira, na cancha do Amics de Castelló, nun partido igualado que empezou favorable aos locais pero que ao que os de Yago Casal non lle perderon a cara manténdose ata o final na loita polo triunfo.
Finalmente os locais leváronse o gato á auga deixando aos amarelos unha amarga sensación na despedida do seu primeiro ano na Adecco Prata, competición que finalizan na duocécima praza.
AMICS CASTELLÿ (72): Roger Archiles (4), Alberto Fernández (9), Raúl Sales (6), Alberto Ausina (10), Joan Faner (12) -cinco inicial- Jordi Rabassa, Javier Alvarado (8), José María García (7), Javier Nasarre (16).
CONSERVAS DE CAMBADOS (70): Mamadou Diop (6), Alberto Rodríguez (16), Norman Rey (14), Emilio Oubiña (11), Taylor García (23) -cinco inicial- Lucas Vaquero, Juan Mato, Rafa Wildner, Javier Patiño.
Árbitros: Vázquez García e Zamora Rodríguez. Sen eliminados.
Parciais: 16-9, 20-25, 15-22, 21-14.
Incidencias: Partido disputado no Pabellón Municipal Ciutat de Castelló.