Prácida goleada do Portonovo ao Lalín (4-0)
Por Redacción
Importante triunfo do Portonovo para afastarse dos postos perigosos da clasificación.
O conxunto arlequinado impúxose con claridade ao Lalín (4-0) en Baltar nun partido que dominaron dende o asubío inicial.
Axudou o temperán gol de Álex Cubas no primeiro minuto, referendado polo segundo tanto do dianteiro antes do descanso.
Xa na segunda metade Luis Alberto e Gándara sentenciaron para os locais pechando unha goleada que deixa o Portonovo na décima praza con 46 puntos.
PORTONOVO SD (4): Iván Parada, Suso Vidal (Marcos Blanco, min.76), Víctor, Nacho (docampo, min.87), Marcos Dopazo, Brian, Suso Martínez, Luis Alberto (Agra, min.79), Suso Bea, Iván Piñeiro (Gándara, min.61), Álex Cubas.
CD LALÍN (0): Miguel, Suso (Lamas, min.45),Miguel, Vidal, Imanol, Damián (Alonso, min.63), Marcos, Otero (Ferreiro, min.59), Kevin, Daniel (Silva, min.70), Toño.
Árbitro: Garitanoandía Díaz (A Coruña). Amoestou aos locais Iván Parada e Suso Martínez e aos visitantes Toño e Imanol.
Goles: 1-0 Álex Cubas, min.1; 2-0 Álex Cubas, min.38; 3-0 Luis Alberto, min.56; 4-0 Gándara, min.86.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo.