O Sanxenxo déixase tres importantes puntos na Estrada (4-3)
Por Redacción
O Xuventú Sanxenxo perdeu unha grande oportunidade para deixar encarrilado o ascenso de categoría, despois de desperdiciar ata dúas vantaxes no marcador na súa visita ao campo da Baiuca na Estrada (4-3).
Os amarelos inauguraron o marcador por medio de Cerqueiras aos 10 minutos, pero o Estradense soubo reaccionar nun partido moi aberto para poñerse por diante antes de que Fiti puxese as táboas.
Así se chegou ao descanso, e no segundo acto o guiou repetiuse, cun gol de Nel que poñía o 2-3, pero un disparo de Jorge desviado por Cañi cara á súa meta e un gol de Unai no ocaso do encontro certificaron a segunda remontada dos locais.
Malia todo os de ÿscar García se manteñen no liderado con 61 puntos e aproveitan o tropezo do Pontellas para manter a renda de cinco co terceiro da táboa.
CD ESTRADENSE (4): Diego, Martín (Jacobo, min.77), Silva, Brais, Mateo, Iago (Arturo, min.57), Vicente, Manuti, Unai (Jose, min.82), Garabal, Jorge (Luismi, min.84).
XUVENTÿ SANXENXO (3): Velay, Minso, Fiti, Javi (Tinaia, min.73), Fon, Darío (Cani, min.58), Hugo (Diego Blanco, min.60), Cerqueiras, Cuchi, Nel, Róber (Dani Muradás, min.12).
Árbitro: Pérez Montoto (A Coruña). Amoestou aos locais Mateo, Vicente, Manuti, Garabal e Luismi e aos visitantes Minso, Velay, Hugo e Cerqueiras. Expulsou ao adestrador local Severino López (min.75).
Goles: 0-1 Cerqueiras, min.10; 1-1 Garabal, min.18; 2-1 Jorge, min.21; 2-2 Fiti, min.28; 2-3 Nel, de penalti, min.66; 3-3 Jorge, min.78; 4-3 Unai, min.81.
Incidencias: Partido disputado no campo da Baiuca, A Estrada.