O Pontevedra B desperdicia a súa vantaxe en Mondariz (2-2)
Por Redacción
Xusta repartición de puntos entre Mondariz e Pontevedra B (2-2) nun duelo de constantes alternativas.
Golpearon primeiro os locais, cun gol de Noel antes do descanso, pero o filial granate logrou a igualada xa no segundo acto por medio Paco.
O conxunto lerezano culminou a remontada pouco despois cun tanto de Diego González pero non puido evitar o empate final dos locais.
As táboas deixan o Pontevedra B nunha cómoda oitava praza con 47 puntos.
MONDARIZ CF (2): Marquéz, Barciela, Anxo, Jonás, Alfaya, Hugo (Ángel, min.77), Fernando (Mario, min.57), Diego Puentes (Barbosa, min.89), David Faro, Noel (Estévez, min.86), Docampo.
PONTEVEDRA CF B (2): Adrián, Puyi, Uru, Manu, Dani, Collazo, Israel, Paco (Emilio, min.57), Pedro (Alves, min.77), Félix (Víctor, min.65), Adrian Martínez (Diego González, min.51).
Árbitro: Ventoso Nogal (Santiago). Amoestou aos locais Fernando, Ángel, Anxo, Alfaya, Noel e Jonás e aos visitantes Paco e Víctor. Expulsou por dobre amarelo a David Faro (min.77) no Mondariz.
Goles: 1-0 Noel, min.30; 1-1 Paco, min.55; 1-2 Diego González, min.61; 2-2 Diego Puentes, min.64.
Incidencias: Partido disputado no campo da Lagoa, Mondariz.