Acusa as baixas o Arosa no Poboado e cae fronte a un necesitado As Pontes (2-0)
Por Redacción
Demasiadas baixas e nada en xogo. A diferenza de motivación marcou o desenvolvemento do partido entre As Pontes e Arosa. Os locais necesitaban vencer para manter opcións de meterse entre os catro primeiros, mentres que os de Piscis acudían á cita sen máis obxectivo que cumprir o expediente, nun final de liga sen maiores expectativas.
As consecuencias derivaron nunha vitoria máis cómoda do previsto para o conxunto local, que se adiantou no marcador no minuto 23 cun disparo dende fóra da área de Santi, que se coa xunto ao poste sorprendendo a Alberto.
Na segunda o Arosa quedaría en inferioridade, ao expulsar o colexiado a Nando, sinalando un penalti que permitiu a Bossa facer subir o segundo gol ao marcador. Os de Piscis pecharon filas para non encaixar máis goles, pero a custa de renunciar á posibilidade de crear perigo ou inquietar ao equipo de Manolo García.
CD ÁS PONTES (2): Kiko; Rochela, Jorge Nano, Chote, Dani, Pablo Domínguez, Iván González (Sergio Arias, min. 74), Bossa, Santi (Fidi, min. 62), Chicho e David Amado (Borja, min. 74).
AROSA SC (0): Alberto; Juanjo, José Ángel, Munin, Santi, Jonathan, Nando, Pablo Pillado (Adrián Camiño, min. 55), Quique Cubas, Vixo (Jesú, min. 73) e Eloy (Rubén, min. 52)
Árbitro: David Iglesias Melón (Vigo), auxiliado nas bandas por Cristian Vázquez Martínez e Brian Mensah Pereira. Expulsou con vermello directo o arosista Nando (minuto 68). Amoestou a Santi e Vixo, polo Arosa.
Goles: (1-0) Minuto 23: Santi. (2-0) Minuto 69: Bossa, de penalti.
Incidencias: Campo do Poboado (Ás Pontes). Uns 150 espectadores.