Remontada in extremis do Sanxenxo para quedar a un paso do ascenso
Por Redacción
A un paso do ascenso a Terceira División quedouse o Sanxenxo despois do seu sufrido triunfo na casa ante o Caselas (2-1).
Visitaba Baltar de Arriba un equipo xa descendido pero que lle puxo as cousas moi difíciles aos amarelos, que tiveron que tirar da heroica para dar a volta ao choque nos últimos minutos.
Todo porque o Caselas se adiantou aos 79 minutos cun gol de Cousido, pero dous minutos despois despois Javi, de penalti, lograba a igualada e Nel, xa no 90, certificaba un valioso triunfo para os de ÿscar García.
A falta de dúas xornadas o Sanxenxo é segundo con catro puntos de vantaxe sobre o terceiro da táboa, o Villalonga, polo que se gaña a próxima xornada no Grove certificará o ascenso de categoría.
XUVENTÿ SANXENXO (2): Jose, Darío (Minso, min.63), Fiti (Robert, min.56), Javi, Tinaia, Cañi, Diego Blanco, Hugo (Alfonso, min.90), Cuchi (Aguín, min.75), Nel, Cerqueiras.
CASELAS FC (1): Borja, Bugallo (Rafael, min.46), Rubén, Cuco, Carlos, Hugo, Pablo Martínez, Paramos (Sergio, min.75), Cousido, Manu (Roberto, min.89), Pesegueiro (Samuel, min.66).
Árbitro: Fontes Mosqueira. Amoestou a Cerqueiras, Cuchi, Fiti, Hugo, Javi e ao adestrador ÿscar Gárcía nos locais e a Bugallo, Cousido, Pesegueiro, Hugo, Rafael e Rubén nos visitantes. Expulsou ao adestrador do Caselas, David Pérez (min.23).
Goles: 0-1 Cousido, min.79; 1-1 Javi, de penalti, min.81; 2-1 Nel, min.90.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar de Arriba.