Derrota pola mínima do Sanxenxo ante o Céltiga (0-1) para despedirse do campionato
Por Redacción
Un gol no último minuto de Diego Lorenzo deu a vitoria ao Céltiga en Baltar de Arriba ante o Xuventú Sanxenxo na depedida da tempada.
O tanto amargou ademais a despedida de ÿscar García como adestrador amarelo nunha liga que concluíu co ascenso do equipo a Terceira División.
A derrota ante os insulares evita sen embargo lograr o campionato, que queda en mans do Ribadumia.
O Sanxenxo tivo máis opcións durante o encontro para conseguir os tres puntos, pero ao final a efectividade do Céltiga resultou decisiva.
XUVENTÿ SANXENXO (0): Velay, Darío, Fiti, Tinaia, Fon (Cuchi, min.54), Jorge (Cañi, min.58), Muradás (Diego Blanco, min.54), Aguín (Cerqueiras, min.72), Nel, Javi, Hugo (Robert, min.65).
CÿLTIGA FC (1): David, Álex Álvarez (Diego Lorenzo, min.88), Carlos, Maneiro, Manuel, Roberto (Mougan, min.70), Borja (Javi, min.61), Lucas, Lozano, Galdames (Oubiña, min.70), Janeiro.
Árbitro: Méndez Castro. Amoestou aos locais Jorge e Cañi, aos visitantes Galdames, Borja, Oubiña e ao seu adestrador Calucho.
Gol: 0-1 Diego Lorenzo, min.89.
Incidencias: Partido disputado en Baltar de Arriba, Sanxenxo.