O filial do Arxil ascende a Primeira Nacional Feminina
Por Redacción
Non puido gañar a final da fase de ascenso, pero grazas a que o Universidad de Salamanca subiu á Liga Feminina 2, o filial do Club Baloncesto Arxil logrou á súa vez ascender á Primeira Nacional.
O conxunto verde colócase na categoría de bronce do baloncesto feminino nacional despois dunha fase final na que dobregou ao Bosco de Avilés por un claro 60-36 e con máis apuros ao Calasanz cántabro (59-56).
Estes resultados catapultaron as pontevedresas á final garantíndolle o salto de categoría, a pesar de que no encontro definitivo se viron superadas polo Tirso de Molina por un tenteo de 68 a 65.
O equipo do Arxil en Asturias estivo composto por: Jara Tuda, María Lago, Cristina Díaz-Pache, María Quiroga, Fany López, Natalia Soage, Aldara Vázquez, Yaiza Serrapio, Sara Murado, María José Ogando, Noa Casalderrey e Alba Portela.
Relacionadas:
-
O filial do Arxil renuncia á súa praza en Primeira Nacional e competirá un ano máis na Primeira galega
Por Redacción |
-
Pechar a continuidade de Minata Keita, prioridade do Arxil de cara á próxima tempada
Por Redacción |
-
O Arxil reforza o seu filial en busca do ascenso a Primeira Nacional
Por Redacción |