O Arxil "corta" a Whitney Hood por baixo rendemento
Por Redacción
Se a situación xa é de seu complicada para o Arxil nesta tempada da Liga Feminina 2, onde aínda non conseguiu unha vitoria, as cousas pónselle cada vez máis difíciles ao equipo adestrado por Mayte Méndez.
A xunta directiva do club, co apoio do corpo técnico, decidiu exercer a cláusula de non renovación do contrato da xogadora americana Whitney Hood, logo de cinco semanas que consideran decepcionantes en canto a rendemento e actitude.
Hood chegou a Pontevedra para probar durante unha semana co primeiro equipo do Arxil, convencendo das súas prestacións aos responsables deportivos. Con todo, os números achegados pola pivot non pasaron dunha mellor anotación de 4 puntos ante ao ADBA Avilés.
O Arxil non decidiu aínda se reforzar o equipo a pesar de contar a partir de agora cunha xogadora menos.