Brillante remontada do Waterpolo Galaico para revalidar o título de liga
Por Redacción
O Club Waterpolo Galaico proclamouse, por segundo ano consecutivo, campión da Primeira División Galega, despois de derrotar na final ao Club Natación Coruña.
O conxunto lerezano logrou unha brillante remontada para manterse na eliminatoria na reanudación do segundo partido da final, suspendido tras un golpe ao porteiro do Galaico.
A falta de pouco máis de seis minutos os de Javi de Sáa perdián por dous goles (6-8), pero non se deron por vencido para forzar o terceiro e definitivo choque ao finalizar cun tenteo de 9 a 8.
Tras un breve descanso ambos os dous equipos afrontaron o terceiro partido, no que o Galaico empezou encaixando un parcial en contra de 0-3.
Os pontevedreses melloraron antes do descanso para chegar con vantaxe (5-4), unha renda que lograron manter a pesar da presión dos coruñeses no tramo final pechando o partido cun 9-8 que deixaba o título na casa.
CW GALAICO (9): Pablito, Rober (1), Aarón, Rubén, Kike (1), Juanjo (1), Ángel, Andrés (1), Raúl, Guille (2), Bran (3), Juan, Manu. Ademáis Pablo Teijeira participou nos seis minutos do segundo choque.
CN CORUÿA (8): Blanco, Escuredo (1), García, Quelle, Gato (1), Alba, Abuin (1), García (1), Orozco, Martins (2), Iglesias (2).
Parciais: 2-3, 3-1, 3-2, 1-2.
Incidencias: Partidos disputados na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O CN Coruña imponse nas finais da Copa Galega de Waterpolo ante o Galaico
Por Redacción |
-
Rías do Sur acollerá o sábado a Copa Galega Absoluta de waterpolo
Por Redacción |
-
Seis minutos para remontar ou despedirse da liga
Por Redacción |
-
O segundo partido da final galega entre Galaico e Coruña, suspendido por un puñazo ao porteiro local
Por Redacción |