Os xogadores do Pontevedra CF aprenden a salvar vidas
Por Diego Espiño
Dobre sesión para o plantel do Pontevedra. Ademais do adestramento puramente deportivo, un grupo nutrido de xogadores, acompañados por membros do corpo técnico dos diferentes equipos do club, acudiron ao Hospital Domínguez para participar nunha xornada de formación sobre reanimación cardiopulmonar.
O obxectivo desta iniciativa, que se repite por terceiro ano, é concienciar a futbolistas e persoal do Pontevedra da importancia de actuar rápido e ben ante casos de paradas cardiorespitarioras non só nos campos de fútbol, como recoñece o médico encargado da formación, Néstor Piñeiro, "los lugares más frecuentes de paradas no sólo son los estadios, en los lugares públicos y el hogar se producen el 85% de los casos".
O doutor valorou como positiva a implicación dos granates, sensibilizados logo dos casos mediáticos vividos os últimos anos como o de Antonio Puerta ou Dani Jarque,