Vitoria de Pedro Merino nunha Volta ás Comarcas de Lugo onde se exhibiu o Super Froiz
Por Redacción
O do Super Froiz na Volta ás Comarcas de Lugo só pode cualificarse como unha auténtica exhibición. Non só Pedro Merino levouse a vitoria na xeral. Os pontevedreses márchanse da rolda lucense gañando todas as etapas (dúas o propio Merino e a última), así como tamén a regularidade, a montaña e a clasificación por equipos. Ninguén fixo sombra a un equipo que tiña esta proba como un dos seus obxectivos da tempada.
A vitoria, cimentada nos dous días anteriores, confirmouse na última etapa, considerada como a raíña da carreira. As previsións cumpríronse porque o percorrido co alto do Boi, Poio e Aira de Padrón propiciou numerosos movementos. A estratexia do Super Froiz foi controlar a proba ata o primeiro porto e para iso empregáronse a fondo Sergio Míguez e David Francisco.
Nas rampas do alto do Boi o actual campión de España rebentou a carreira cun ataque que rompeu o pelotón e desatou numerosos movementos. Tras diferentes ataques formouse un grupo no último porto con Alberto Gallego, Urrutia, Betancourt e tres do Froiz: De Segovia, Merino e Miguel Gómez. Non foi ata o último quilómetros que atacou De Segovia para facerse co triunfo.
A formación alimenticia gana, deste xeito, a primeira carreira por etapas da tempada cun Pedro Merino que se fixo coas dúas primeiras xornadas. O corredor manchego, que chegou a Lugo nun espléndido momento de forma, gañou ao sprint a primeira etapa ante Alberto Gallego (Andalucía Trebujena); mentres que na segunda impuxo a súa velocidade ante Jonathan González (Construcciones Paulino-Oviedo), Juan Pérez (Gomur) e o seu compañeiro de equipo Antonio De Segovia
"Debemos estar moi orgullosos do equipo", recoñeceu Evaristo Portela, director do Super Froiz que destacou o comportamento de todos os ciclistas, "que estiveron absolutamente perfectos". Ademais de Pedro Merino, De Segovia tamén subiu ao podio. Foi terceiro, a 24 segundos do gañador.
"Quiero darle las gracias a mis compañeros por el trabajo que han realizado. Han estado espléndidos". O colofón á gran volta foi unha espléndida etapa que "ha sido muy bonito con un recorrido muy duro, propio de una de las grandes", comentou o flamante gañador. "Evaristo nos dejó muy claro cuál tenía que ser nuestra actitud y todo el equipo ha estado espléndido".
Co gran sabor de boca do sucedido durante estes tres últimos días o Froiz afronta agora a Volta á Provincia da Coruña, que será do venres ao domingo, e a semana seguinte disputará o Gran Premio Abimota con profesionais en Portugal.
Relacionadas:
-
O Froiz, sen rival contra o crono nos Nacionais: vitorias de ÿscar González e José Antonio De Segovia
Por Redacción |
-
O Froiz incorpora ao estradense Álex Marque mentres non se soluciona o seu expediente sancionador
Por Diego Espiño |
-
Antonio Portela queda a un paso do triunfo no Trofeo da Ascensión
Por Redacción |
-
O Super Froiz sobe o podio da Volta a Castellón co terceiro posto de Roberto Mediero
Por Redacción |