A medio gas polas lesións
Por Diego Espiño
Os problemas físicos seguen ocasionándolle diariamente dores de cabeza a Javier Barrios. O adestrador do Teucro viuse obrigado a diminuír o ritmo das sesións preparatorias para evitar o risco de recaídas ou agravamento das doenzas en varios dos seus xogadores, "estamos entrenando ejercicios sin oposición para evitar contactos, cambios de ritmo o circunstancias que puedan hacer empeorar a alguno de los chicos".
Dous son os xogadores xa descartados esta semana. A Carlos García, baixa segura ata principios de ano, uniuse Miguel Porto logo de confirmase que sofre unha rotura de fibras no xemelgo. O lateral tivo que retirarse do encontro do pasado sábado en Santander ao sufrir unha picada.
Con ambos fora de combate a preocupación do preparador teucrista céntrase en recuperar aos xogadores que seguen con molestias. O que peor o ten, aínda que podería chegar ao próximo compromiso ligueiro, é Siscu, con problemas nun abdutor. Pola súa banda os centrais César Armán e Borja Pedreira seguen sen estar totalmente recuperados das dores que sofren en ombreiro e nocello respectivamente, mesmo contratempo que arrastra o capitán Toño Fernández.
Este é o panorama habitual para Javier Barrios desde o inicio de tempada oficial, problemas físicos constantes que para o técnico están demostrando o compromiso do plantel, "el equipo está respondiendo y dando la cara en todos los partidos, imagínate si estuviéramos al 100%".
Todos eles deberían poder xogar ante o Ereintza Aguaplast, último clasificado da División de Honra Prata, nun encontro no que Barrios quere evitar calquera tipo de relaxación, "es un equipo aguerrido, compiten los 60 minutos y nosotros no podemos fallar, jugamos en casa".