O Arxil busca a súa primeira vitoria ante o Pabellón de Ourense
Por Redacción
Logo dun inicio de liga con cinco derrotas noutros tanto partidos a clasificación empeza a apertar a un Arxil que rende visita ao Pabellón de Ourense (sábado, 20:00 horas no Pavillón dos Remedios).
As pontevedresas afrontan un compromiso vital para o seu futuro en busca dun triunfo que reforce as súas aspiracións de permanencia ante un rival considerado de directo. As ourensás contan cun balance dunha vitoria e catro derrotas.
Ademais da baixa definitiva da pivot americana Whitney Hood, a quen o Arxil non renovou o contrato por baixo rendemento, Mayte Méndez contará coa dúbida ata última hora de Fany López por culpa dunha escordadura no seu nocello.