O Teucro busca ante o pechacancelas un triunfo que lle afaste da zona de perigo
Por Diego Espiño
Chega o último mes de competición da primeira volta para o Teucro coa necesidade dunha vitoria que achegue tranquilidade para os próximos compromisos ligueiros dos pontevedreses, ambos fose de casa e ante rivais da zona alta, Bidasoa e Anxo Ximénez.
Antes de centrase nestas citas, os de Javier Barrios buscarán ante o pechacancelas da categoría, o Ereintza Aguaplast (sábado 20:00 horas no Pavillón Municipal), dous puntos que lle afasten dos postos perigosos da clasificación.
Para iso deberán superar a un equipo recentemente ascendido que aínda non gañou pero que vén de empatar ante o Bidasoa e caeu na maioría dos seus choques con marcadores moi axustados. Por ese motivo o adestrador teucrista pretende evitar todo tipo de relaxación, "es un equipo aguerrido, compiten los 60 minutos y nosotros no podemos fallar, jugamos en casa".
Barrios deberá recompor ao equipo logo dos problemas físicos que trastornaron os plans de preparación do técnico. Ademais de Carlos García, Miguel Porto será baixa pola rotura de fibras no xemelgo sufrida en Santander, ao que hai que sumar as molestias dalgúns homes crave nas rotacións do Teucro.