Comeza a Liga Galega de Traiñeiras cun segundo posto para Amegrove; Mecos gaña a proba B
Por Redacción
Cangas acolleu esta fin de semana a estrea dunha nova edición da Liga Galega de Traiñeiras. Foi cunha regata de presentación onde os equipos participantes mostraron xa as súas armas, demostrando que será unha das competicións máis disputadas dos últimos anos. O triunfo foi para Samertolameu, o gran favorito ao título. Pero un renovado Amegrove estivo a punto de dar a sorpresa, ao quedar a tan só tres segundos dos de Meira.
A praia de Rodeira acolleu este debut da liga galega. Nel destacou a traiñeira dos de Moaña, que mostrou o seu poderío dende o primeiro momento. Pero os do Grove demostraron que eles tamén son un serio aspirante ao triunfo final. Samertolameu gañou cun tempo de 20.17:17. Foi apenas tres segundos máis rápido que Amegrove. Dos 21 minutos baixaron tamén Mugardos e Vilaxoan, terceiros e cuartos, respectivamente.
Tras esta primeira carreira, Samertolameu é polo tanto o primeiro líder da tempada con nove puntos. Un menos ten Amegrove. Mugardos con 7 e Vilaxoán con 6 pechan os postos nobres. A partir de aí, sitúanse os catro equipos que, a priori, loitarán por non descender á Liga B: Ares, Puebla, Cabana Ferrol e Chapela.
MECOS GAÿA A REGATA DA LIGA B
En canto á Liga B, Mecos Mondariz demostrou que aposta forte esta tempada por recuperar a categoría que perdeu o ano pasado. Para O Grove marchou a vitoria desta regata de presentación. Foron, con 20.53: 81, case cinco segundos máis rápidos que Bueu. Perillo e Coruxo, terceiro e cuarto respectivamente, tampouco finalizaron moi lonxe, o que fai presaxiar que será unha liga moi cometida na segunda división.
Cabo da Cruz B, Cesantes, Rianxo, Vila de Cangas e Esteirana foron as cinco traiñeiras que chegaron á liña de meta máis descolgadas que os seus rivais, superando no caso das tres últimas os 22 minutos.
A próxima cita da Liga Galega de Traiñeiras será a próximo fin de semana en Sanxenxo e O Grove.
Relacionadas:
-
O Grove recupera a Bandeira Virxe do Carme de traiñeiras tras doce anos sen celebrarse
Por Redacción |
-
Amegrove gaña na casa e se achega a Samertolameu; Mecos e Bueu, empatados na Liga B
Por Redacción |
-
Sanxenxo prepárase para unha dobre sesión de traiñeiras coa Liga Galega e a Liga San Miguel ACT
Por Redacción |
-
Os júnior de Mecos logran a medalla de ouro no LXVIII Campionato de España de Traiñeiriñas
Por Redacción |