Arxil e Cortegada enfróntanse nun amigable como anticipo ao comezo da Liga feminina
Por Redacción
O Pavillón do Centro galego de tecnificación deportiva acolle hoxe, martes, dende as 20,30 horas o partido amigable que enfronta ao C.B.Arxil co Cortegada Vilagarcía, como antesala da liga, xa que o calendario quixo que ambos os dous contendentes abran a tempada cun apaixonante choque entre ambos os dous o día 20 deste mes de outubro.
As de Carril xogaron xa o sábado ante o Celta de Vigo, impoñéndose de xeito claro e demostrando ser un dos candidatos a estar entre os catro primeiros. A experiencia de Montse Gilabert ou Ylenia Manzanares, ademais do xogo de equipo onde todas achegan será algo que terán que vixiar as pontevedresas.
O equipo do Cortegada está formada por Ylenia Manzanares, Montse Gilabert, Salomé García, Eva Arines, Andrea Ríos, Dita Liepkane, Amy Syll, Esperanza Ventoso, Marta Carragal, Lucía Méndez e María España, con Pepe Pepe Vázquez como adestrador.
Para Lino Vázquez "trátase dun partido máis de pretempada onde está claro que nos gustaría gañar pero non imos alterar a programación prevista para esta pretempada, tal e como aconteceu ante as colombianas. Intentar construír unhas bases solidas dende a defensa e que as nosas xogadoras vaian adquirindo ese compromiso e responsabilidade que nesta tempada van ter. Por agora levamos dúas derrotas e unha vitoria e hai cousas e cousas que nos faltan e niso estamos que facemos ben para seguir mellorando día a día".
Mayte Méndez conta con toda o equipo e mantén a dúbida por sobrecarga de Andrea Carrera, unha xogadora que procede do Celta de Vigo, aínda que é natural de Arcade, que vén para cubrir o posto de aleiro e se carecteriza por ser unha boa defensora cunha aceptable porcentaxe no tiro de tres.
Carla Fernandez e Mariña Ramírez (bases), Jara Tuda e Sandra Entenza (escoltas), Ana Martín, Cristina Díaz-Pache e Andrea Carrera (aleiros) e Fany López, Olga Federova e Zara Huntley (pivots), son as xogadores que integran o equipo do Arxil para esta tempada.