A Segunda B masculina, a Segunda División feminina e apostar pola canteira, claves do Leis 2014-2015
Por Redacción
O Leis Pontevedra xa traballa toda máquina na tempada 2014-2015. Será o ano no que contará con maior número de equipos, tanto masculinos coma femininos, tras a súa fusión co Marcón FS. Todo un reto pata a entidade pontevedresa, decidida a apostar por crear uns sólidos piares na súa canteira que lle permita seguir mirando ao futuro con optimismo.
O club pontevedrés xa confirmou ante a Federación Española de Fútbol todos os trámites administrativos para contar os seus dous equipos absolutos en categoría nacional. Son o único club galego, xunto ao Burela FS, que pode presumir de tal condición.
O equipo masculino estará dirixido un ano máis dirixido por Manu Cossío. Tras unha histórico curso pasado onde conseguiu o triunfo en Liga e Copa de Terceira División, afrontará unha esixente tempada na Segunda División B nacional, unha competición que se espera que quede outro ano máis formada por equipos galegos, asturianos e castelán leoneses, o que non obrigará grandes desprazamentos.
Pola súa banda, o primeiro equipo feminino, tras unha tempada onde cun combinado moi novo logrou dar o talle nunha esixente competición, afrontará un novo curso ligueiro na Segunda División do fútbol sala nacional. Haberá cara nova no banco, xa que David Muñoz tras o acordo alcanzado co Marcón dirixirá cóbado con cóbado xunto a Jacobo Stors o devir do cadro pontevedrés.
CATEGORIAS INFERIORES
O Leis seguirá apostando pola canteira e contará cun filial en Liga Galega que servirá de previo paso cara ao primeiro equipo. ÿnese ao recuperado xuvenil de Liga Nacional, o cadete de Liga Galega e o infantil masculino de Liga Galega, tamén de nova creación. Os equipos sénior en liga local, xuvenil provincial e cadete provincial, completan, xunto a equipos locais alevíns, benxamíns, prebenxamíns e babys a extensa pirámide formativa no apartado masculino.
En canto ao feminino, tamén se cubrirá este ano o déficit de equipos que había ata a tempada pasada, posto que só se contaba cun infantil feminino ademais do primeiro equipo. A colaboración a partir desta tempada co Marcón FSF, permitirá triplicar tamén na área feminina o número de equipos, posto que ao xa creado infantil feminino, se unirá un filial que ao igual que o masculino competirá en Liga, un equipo sénior en liga provincial e un equipo cadete que permita completar a estrutura de base.
Relacionadas:
-
O Leis pecha a renovación de sete xogadores e logra manter o bloque da pasada tempada
Por Redacción |
-
Descontento no Leis pola composición do seu grupo na Segunda División feminina
Por Redacción |
-
O Leis conquista a Copa de Terceira División para pechar unha brillante tempada
Por Redacción |
-
Leis Pontevedra e Marcón FSF acordan integrarse nun só club
Por Diego Espiño |