O Ciudad de Pontevedra feminino xogará na Primera División galega a próxima tempada
Por Redacción
O equipo feminino do Ciudad de Pontevedra conseguiu o ascenso de categoría no seu primeiro ano de vida. O conxunto dirixido por Oscar Parada conseguira clasificarse para a fase de ascenso, onde rematou en segundo lugar tras o San Miguel de Vigo, quedando sen posibilidade de optar ao ascenso directo.
Pero unha renuncia na nova Primeira División galega, que a próxima tempada contará cun grupo único, abriu as portas da categoría ás pontevedresas. A Federación Galega de fútbol ofreceulle ao club a devandita vacante. Aseguran que lle corresponde ao Ciudad de Pontevedra por dereito deportivo, ao quedar segundas na fase de ascenso.
O club aceptou a praza e competirá así a tempada que vén nunha categoría que levará ao conxunto do Lérez a competir por toda Galicia.
O Ciudad de Pontevedra obtén así o seu segundo ascenso, tras o que conseguira o equipo masculino a Segunda Rexional hai tres tempadas.