Manuel Rosales, Chus Sanguos e o Cisne recollen en Cangas as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia
Por Redacción
O Club Cisne Balonmano e os atletas Manuel Rosales e Chus Sanguos recibiron este venres da man do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2014. Foi no transcurso dunha gala que se celebrou no Auditorio Municipal de Cangas. Eran tres das 35 persoas ou entidades recoñecidas pola súa contribución á excelencia do deporte e da educación física en Galicia.
No caso do Club Cisne Balonmano, este recoñecemento chega no ano no que a entidade pontevedresa está a celebrar o seu 50 aniversario. ÿ un dos equipos máis senlleiros do noso balonmán. Pola súa banda, Chus Sanguos é unha das atletas veteranas más recoñecidas do atletismo galego. O seu palmarés fala por si mesmo. Comezou a súa carreira deportiva na Sociedad Gimnástica e actualmente milita nas filas do Sporting Comesaña de Vigo.
O marinense Manuel Rosales é unha lenda viva do atletismo nacional. Aos seus 79 anos segue practicando activamente un deporte no que acumula dezaoito títulos mundiais e innumerables éxitos dentro das fronteiras do noso país. Entre as súas fazañas destaca que é o atleta que máis veces (oito) gañou o Maratón de Nova York na súa categoría, o que o levou a estar no libro de honra da proba
No seu discurso durante a entrega das distincións, Alberto Núñez Feijóo destacou os valores de compromiso, esforzo e sacrificio que encarnan os elexidos nesta cuarta edición destes premios. "Un país que valora os seus deportistas é un país que se valora a si mesmo", afirmou o presidente da Xunta, para quen os galardóns supoñen un "acto de xustiza" cos premiados, aos que definiu como "o mellor espello no que se pode mirar a sociedade".
Núñez Feijóo salientou a importancia do deporte base, que a Xunta fomenta co financiamento de 1.000 clubs en toda Galicia e do programa Xogade para o impulso da práctica deportiva nas escolas. "O deporte é de todos", aseverou o mandatario galego, que tamén quixo amosar o compromiso do seu Executivo co deporte de elite, a través do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e do programa Galicia-Río 2016 para deportistas olímpicos.
Relacionadas:
-
O Cisne despide o ano do seu 50 aniversario cunha emotiva cea 'en familia'
Por Redacción |
-
Un amigable contra a Selección Española xuvenil de balonmán, broche para o 50 aniversario do Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne e os atletas Manuel Rosales e Chus Sanguos, Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia
Por Redacción |