María Lago renova polo Arxil e convértese na cuarta xogadora da próxima tempada
Por Redacción
O Arxil segue avanzando na composición do equipo para a próxima tempada. Tras as renovacións de Sandra Entenza e Carla Fernández e a fichaxe do pivote Maimouna Diarra, o conxunto pontevedrés pechou a continuidade de María Lago, unha das xogadoras máis importantes da pasada tempada. Xogou en total 22 partidos e foi unha das compoñentes clave no esquema do xogo do C.B.Arxil
Segundo explicou Lino Vázquez, a pesar de levar só tres tempadas no club, María "meteuse á afección no petos xa que se adapta perfectamente á filosofía de xogo do Arxi". Asegura que se caracteriza por ser intensa en defensa e ter descaro en ataque, " pero sobre todo coa humildade que o caracteriza".
Ademais desta renovación, o Arxil espera as contestacións do resto do equipo que aínda non se pronunciou sobre a súa continuidade no conxunto pontevedres: María González, Cristina Diaz -Pache, Fany López, Ana Martin, Andrea Carrera ou Jata Tuday
A dirección deportiva do club baloncesto Arxil segue sondando o mercado en busca dun catro e un tres, se algunha das xogadoras antes mencionadas dá unha resposta negativa á súa continuidade no club.
Relacionadas:
-
Dous equipos vascos, principal novidade para o Arxil na nova tempada da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache seguirá un ano máis no Arxil ao aceptar a renovación ofrecida polo club
Por Redacción |
-
Nova renovación no Arxil: María González Centeno seguirá no club unha tempada máis
Por Redacción |
-
O Arxil sácase a espiña da tempada pasada e pecha a fichaxe de Maimouna Diarra
Por Redacción |
-
Carla Fernández e Sandra Entenza, primeiras renovacións para o Arxil 2014-2015
Por Redacción |