Támara Echegoyen e Berta Betanzos, oitavas no Europeo da clase 49er FX celebrado en Helsinki
Por Redacción
O Europeo da clase 49er FX celebrado en Helsinki demostrou que Támara Echegoyen e Berta Betanzos xa están entre as mellores tripulacións do panorama internacional. O tándem galego-cántabro asinou unha grande actuación en augas finlandesas durante as seis intensas xornadas de campionato e lograron finalizar na oitava posición da clasificación xeral.
Tras as cinco primeiras xornadas de clasificación nas que foron protagonizando unha importante remontada, Támara e Berta aseguraban este sábado a súa presenza na definitiva Medal Race demostrando o seu gran potencial a bordo do seu skiff feminino e situándose na sétima posición da xeral.
Finalmente, para este domingo estaba programada a gran final, que se decidiu entre as dez primeiras tripulacións clasificadas. Foron tres probas nas que as regatistas españolas se anotaron tres brillantes cuartos postos, colocándose definitivamente na oitava posición da xeral e sendo sextas na clasificación europea.
O título continental foi a parar ás mans das danesas Ida Marie Baad nielsen e Marie Thusgaard. Segundas na xeral foron as neozelandesas Alexandra Maloney e Molly Meech e as brasileiras Martina Soffiatti Grael e Kahena Kunze, terceiras.
Así as cousas, Támara e Berta cumpren o seu obxectivo principal marcado de estar entre as mellores tripulacións do momento e deixan patente a súa gran progresión na nova clase olímpica. E é que tras estrearse no 49er FX a pasada tempada, ambas as dúas foron de menos a máis regata tras regata. Chegaron a gañar mesmo a prestixiosa Semana de Kiel (Alemaña).
PRÿXIMO OBXECTIVO, O MUNDIAL DE SANTANDER
Tras asinar esta grande actuación no Europeo de Helsinki, as representantes do Real Club Náutico de Sanxenxo regresan á casa con boas sensacións e coa mirada posta no Mundial de clases olímpicas, que se celebrará en Santader a mediados do próximo mes de setembro. Nel Támara Echegoyen e Berta Betanzos pelexarán por estar novamente entre as primeiras clasificadas da cita intercontinental.
Relacionadas:
-
Gran estrea de Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Mundial: quintas tralo seu primeiro podio parcial
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen afronta o Mundial de 49er Fx en Santander
Por Redacción |
-
O Náutico de Sanxenxo, galardoado coa Placa da Real Orde do Mérito Deportivo
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e Berta Betanzos, a polo Europeo de 49er FX en Helsinki
Por Redacción |