Sergio Vallejo, primeiro canoísta individual do Club Piragüismo Poio en disputar unha final dun Mundial
Por Redacción
O padexeiro Sergio Vallejo, unha das grandes promesas do piragüismo galego, fixo historia este xoves. Converteuse no primeiro deportista do Club Piragüismo Poio en lograr a clasificación para a final dun Mundial nunha modalidade individual. Foi no Campionato do Mundo Júnior e Sub 23 de Piragüismo en augas tranquilas que se está a disputar na localidade de Szeged (Hungría).
Sergio Vallejo quedou terceiro na semifinal de C-1 1.000 metros de categoría júnior cun tempo de 4 minutos e 3 segundos. Só lle superaron o canoísta ruso Vladislav Chebotar e o alemán Fabian Dittrich.
O padexeiro de Poio centrouse en controlar a regata e buscar unha boa rúa para a final, dado que é zurdo e a rúa na que sairá na final (a número 1) é adecuada polos fortes ventos laterais que hai nesta pista. A final disputarase na mañá do sábado.
Este venres entrará en escena outro dos representantes do Club Piragüismo Poio, Adrián Sieiro, o cal disputará as eliminatorias do C-1 200 metros en categoría Sub 23, co obxectivo de repetir a final que obtivo no pasado Europeo de Francia, onde conseguiu ser sétimo nesta distancia.
Relacionadas:
-
Adrián Sieiro, sétimo en C-1 500 Sub-23, pecha un gran Mundial para o Club Piragüismo Poio
Por Redacción |
-
Sergio Vallejo, oitavo no Mundial de Szeged; Adrián Sieiro á final de C-1 200 metros Sub-23
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo compiten desde este xoves no Mundial júnior e sub-23 de Szeged
Por Redacción |