O atleta da Gimnástica Rafael Fuentes roza o podio na carreira do Marisco do Grove
Por Redacción
O Grove volveu acoller por décimocuarto ano consecutivo a carreira popular do Marisco que bateu o seu record de inscritos e que consistiu nun circuíto de algo máis de seis quilómetros entre O Grove e a Illa da Toxa. Os atletas da Sociedad Gimnástica acudiron á carreira coa intención de subir ao podio. Quen estivo máis preto foi Rafael Fuentes que entrou en meta en cuarta posición, seguido de José Antonio Ramallo. A vitoria levouna o ourensán Alejandro Fernández, sendo segundo o triatleta Iván Raña.
Outras carreiras
Tamén a localidade de O Porriño acolleu a terceira edición da carreira urbana Fiestas do Cristo. Nesta ocasión os ximnásticos non conseguiron subir ao podio, destacando o quinto posto de Diego Paz e o décimo de Juan Carlos Mosquera.
Outra cidade onde se celebrou unha carreira popular foi a coruñesa de Narón, onde se disputou a carreira solidaria Décimas, que contou coa presenza do atleta da Gimnástica, Carlos Piñeiro que entróu en meta na cuarta posición.
Juan Pablo Fernández vence en Santiago
A penúltima carreira do Circuíto Corre San que organiza o Concello de Santiago de Compostela durante este ano e que está a ter unha grande acollida entre a familia de corredores populares, se celebrou este sábado na capital galega, coa participación de máis de 200 atletas, entre os que se encontraban como representantes da Sociedad Gimnástica, Juan Pablo Fernández e Juan Carlos Mosquera. Destacar a vitoria de Juan Pablo que se impuxo no sprint final tras percorrer os 4.400 metros de distancia da carreira. Juan Carlos aínda que non puido pelexar pola vitoria nos metros finais, conseguiu unha merecida sexta praza.
Tamén Marín acolleu de novo a súa tradicional carreira de Milla en ruta, que levaba sen celebrarse varios anos e que recuperou de novo o San Miguel de Marín. Rafael Fuentes conseguiu a quinta posición na carreira absoluta, mentres que José Antonio Ramallo quedou en sexto lugar.