Cristina Díaz-Pache seguirá un ano máis no Arxil ao aceptar a renovación ofrecida polo club
Por Redacción
Cristina Díaz-Pache, xogadora que viña alternando as súas actuacións no primeiro equipo do Arxil na Liga Feminina 2 e no filial de Primeira División galega, chegou a un acordo co club para renovar o seu contrato coa entidade. Convértese así na sexta xogadora coa que conta o equipo dirixido por Mayte Méndez para a próxima tempada.
Díaz-Pache é unha promesa en alza para o club, tal e como o reflicten os números conseguidos na tempada 2013/14, a pesar de que tivo unha lesión de nocello no seu mellor momento da tempada. Estivo apartada do xogo durante un mes, tras o cal lle custou coller o ritmo de competición.
Segundo destaca a directiva do Arxil, Cristina achegaralle ao equipo "xuventude e ganas de traballar", tras adquirir durante os dous últimos anos a experiencia necesaria para chegar a ser unha xogadora importante no equipo. A súa versatilidade, que lle permite xogar na posición de tres e de catro, fai que sexa un valioso comodín para o corpo técnico.
Relacionadas:
-
Fany López continuará unha tempada máis no Arxil
Por Redacción |
-
Dous equipos vascos, principal novidade para o Arxil na nova tempada da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Nova renovación no Arxil: María González Centeno seguirá no club unha tempada máis
Por Redacción |
-
María Lago renova polo Arxil e convértese na cuarta xogadora da próxima tempada
Por Redacción |