Rafael Fuentes (Sociedad Gimnástica) non pode con Elías Domínguez na carreira do Carneiro ao Espeto
Por Redacción
O atleta da Sociedad Gimnástica, Rafael Fuentes, non puido impoñerse a Elías Domínguez na segunda edición da carreira Carneiro o Espeto, que se celebrou este domingo en Moraña.
Mantívose a igualdade entre ambos os dous durante a maior parte dos oito quilómetros do percorrido, caracterizado polas súas constantes subidas e baixadas. Elías Domínguez logrou marchar en solitario nos últimos quilómetros e completou a proba cun tempo de 26:23. Foi 53 segundos máis rápido que o atleta de Poio.
Rafael Fuentes asinou un magnífico segundo posto, tendo en conta que vén dunha lesión que lle impediu adestrar con normalidade dende finais de primavera. O podio completouno o corredor local Abel Barros (Atletismo +9 Moraña) que entrou a catro segundos do atleta da Sociedad Gimnástica.
Pola súa banda, o triunfo en categoría feminina foi para a viguesa Ana María Alonso (Beade), que cruzou a liña de meta cun tempo de 31:52. Ana Isabel Sáez (Atletismo A Estrada) e a pontevedresa Raquel Álvarez completaron os tres primeiros postos.
En categoría cadete, os gañadores foron Fernando Rial (Sociedad Gimnástica) e Noa Ramírez (Atletismo Cuntis); mentres que na proba infantil a vitoria foi para Celeste Barros e o portonovés Lautaro de León. En ambos os dous casos, correron sobre catro quilómetros.