Iván Docampo, máis líder do CCCP tras un cómodo triunfo na carreira do Santiaguiño do Burgo
Por Alejandro Espiño
Terceira vitoria nas catro probas disputadas ata o momento. ÿ o fantástico rexistro que alcanzou o atleta Iván Docampo no Circuíto de Carreiras Populares (CCCP) de Pontevedra. O corredor da Sociedad Gimnástica afianzou aínda máis o seu liderado no campionato co seu triunfo na XVIII Carreira popular de Santiaguiño do Burgo, celebrada este venres en Pontevedra.
Iván Docampo completou os 6,4 quilómetros da proba nun tempo de 20 minutos 27 e segundos. Superou amplamente o segundo clasificado, o seu compañeiro Rafael Fuentes. O atleta de Poio, segundo a semana pasada en Moraña, entrou a 41 segundos do gañador. O podio completouno Mohamed Younes, corredor procedente de Jávea (Alicante), que parou o crono en 21:14.
Docampo foi o máis rápido nun percorrido case totalmente chairo. O trazado era mixto (asfalto, terra e herba) e levou os corredores por espazos de gran riqueza natural como a Xunqueira de Alba e as beiras do río Rons.
Pola súa banda, a vitoria en categoría feminina foi para Barca Toba, que finalizou a proba cun tempo de 24:42. Foi 55 segundos máis rápida que Leticia Fernández. A terceira praza foi para Rosario Figueroa, atleta de Bueu, que rematou en 25:46.
ÿXITO DE PARTICIPACIÿN
A competición, organizada pola Asociación Xuvenil de Santiaguiño do Burgo e o Concello de Pontevedra a través do IMD, resultou todo un éxito de participación con máis dun centenar de atletas novos, que correron nas carreiras previas para categorías menores e posteriormente con 450 corredores, que competiron na volta de máis de seis quilómetros ás marismas da Alba, con saída e chegada sobre o río Lérez, na Ponte do Burgo.
Con esta vitoria, Iván Docampo (gañador en San Brais e na PonteNoite 5 + 5) afianza o seu dominio no circuíto CCCP, ao que lle quedan dúas probas, a carreira de Campañó e o Medio Maratón de Pontevedra, que puntúa dobre.
Relacionadas:
-
O Medio Maratón de Pontevedra modifica o seu percorrido pensando en achegarse aos 1.500 participantes
Por Redacción |
-
Lolo Penas e a portuguesa Ercilia Machado, triunfadores da VII Carreira Pedestre de Campañó
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Campañó prepárase para a sétima edición da súa carreira pedestre
Por Diego Espiño |
-
450 atletas participarán este venres na XVIII edición da carreira popular do Santiaguiño do Burgo
Por Redacción |
-
Iván Docampo e Leticia Fernández gañadores da Pontenoite 5+5
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Víctor Riobó e Leticia Fernández, gañadores da II edición da carreira popular de Monte Porreiro
Por Redacción |