As bicicletas voan en Marín
Por Diego Torrado
O Skatepark de Marín acolleu este sábado unha competición de BMX na que participaron unha veintena de riders divididos en dúas categorías, sub 16 e pro. Todos eles fixeron as delicias do público que se achegou ata o 'half' da estación de autobuses da vila.
O BMX, das siglas en inglés Bicycle Moto Xup, é unha modalidade acrobática do ciclismo.
Este deporte, na súa variante de carreira en pista de terra (race) é olímpico desde os Xogos de Pekín 2008. A súa modalidade de deporte urbano é o Freestyle, con variedades diferentes coma os saltos acrobáticos entre dúas rampas de terra, ou a elixida en Marín, o Park, é dicir, acrobacias utilizando rampas e obstáculos de cemento ou madeira dentro dun parque.
Os participantes tratan de formar "liñas" no parque e pasar dun truco a outro coa maior fluidez. Neste torneo dispuxeron de varias quendas para conseguir mostrar as súas mellores acrobacias.
A proba, organizada pola Asociación Marín Pro Riders, contou coa colaboración do Concello de Marín, o Ateneo Santa Cecilia e a empresa Xiada.
Relacionadas:
-
As pistas de skate cambiarán de localización pero sempre dentro da contorna da reformada praza de España
Por Redacción |
-
Skate de altura para a tarde do sábado en Marín
Por Diego Torrado |
-
Unha competición BMX encherá de espectáculo o 'half' da estación de autobuses de Marín
Por Redacción |
-
'Skaters', 'Bikers' e 'Scooters' toman Marín
Por Manu Cillán |