O Poio Fútbol Sala recadará fondos cun concerto da Orquesta Panorama
Por Diego Espiño
Os problemas económicos non son alleos aos clubs deportivos. Ante a mingua de ingresos que fai difícil cubrir os seus presupostos moitos son os que tiran de enxeño en busca de novas vías de financiamento que cadren as contas anuais.
ÿ o caso de Poio Fútbol Sala, que en colaboración coa Asociación Cultural, Xuvenil e Deportiva Combrus, organizará o próximo sábado, día 1 de decembro, un concerto solidario en favor das categorías de base do club.
O evento, que se desenvolverá na explanda da Seca a partir das 22:30 horas, contará coa actuación destacada da Orquestra Panorama, alternando os seus pases cunha discoteca móbil.
A entrada ao evento será gratuíta, aínda que dende a xunta directiva do equipo animan aos asistentes a colaborar consumindo no bar que a organización habilitará no recinto e participando coas rifas que se poñerán á venda. Os beneficios irán destinados aos 12 equipos da entidade, que conta con preto de 180 xogadores federados en idades comprendidas entre os 5 e os 30 anos.