Lourdes Domínguez segue adiante en Pekín e métese nos oitavos de final
Por Redacción
Lourdes Domínguez derrota a la italiana Roberta Vinci en la primera ronda del torneo de Pekín
Tras caer nas primeiras roldas de Seúl e Tokyo, Lourdes Domínguez segue sumando vitorias en Pekín, onde se coou nos oitavos de final despois de superar en dúas mangas á británica Laura Robson.
A tenista pontevedresa só disputara o torneo de Pekín en dúas ocasións (2006 e 2007), pero ata este ano nunca lograra unha vitoria. Lourdes estase a resarcir nesta edición, onde se coou nos oitavos de final tras superar a británica Laura Robson (ambas as dúas procedentes da fase previa) por un marcador global de 7-5 e 6-3 tras unha hora e trinta e cinco minutos de xogo nun choque disputado na pista catro.
A próxima rival de Lourdes sobre o cemento chinés será a polaca Agnieszka Radwanska, terceira cabeza de serie do torneo, que debutou con vitoria ante a local Shuai Zheng por 6-2 e 6-3. Lourdes e Radwanska, números 67 e 3 do ranking WTA, non teñen precedente de enfrontamentos entre ambas as dúas no circuíto.