A efectividade do Leis decide o derbi
Por Redacción
Rivalidade, emoción e boas doses de fútbol sala no derbi da Segunda División Feminina entre Leis e Poio Pescamar (3-1) disputado no Pavillón Municipal de Pontevedra.
A maior efectividade nas dúas áreas do Leis decidiu un partido no que as visitantes chegaron a dominar durante moitos minutos. Na primeira metade Silvia destacou na portería local mantendo ao seu equipo con empate no marcador cun par de boas intervencións, unhas táboas que se mantiveron ata o descanso (0-0).
Cambiou o panorama á volta dos vestiarios, cun Leis máis decidido a buscar a vitoria. O premio para as mozas dirixidas por Jacobo Estors chegaría no minuto 25 co tanto de Nerea. As visitantes volveron entón a levar a iniciativa cun Leis que saía con perigo á contra.
Xa con 2-0 no electrónico Marcio Santos decidiu apostar por xogar con porteira-xogadora en busca da remontada, con todo as opcións máis claras seguían a ser para as locais cando conseguían roubar o balón.
O gol de Peke a falta de tres minutos parecía dar opcións ás de Poio, pero Silvia, decisiva baixo paus, sentenciou o encontro no último minuto cun lanzaiento desde a súa propia portería.
LEIS PONTEVEDRA (3): Silvia, Gema, Paloma, Bego, María, Nerea, Sarita, Sara, Nati, Adriana, Bugallo.
POIO PESCAMAR (1): Nerea, Cecilia, Charo, Elena, Peke, Sandra, Sara, Yoli, Anita, Claudia, Kiko.
Árbitros: Barca Blanco e Rey Hermida.
Goles: 1-0 Nerea, min.25; 2-0 Gema, min.31; 2-1 Peke, min.37, 3-1 Silvia, min.39.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Pontevedra.