O último cuarto condena ao Arxil ante o Universitario de Ferrol
Por Redacción
O reto era complicado para o Arxil, estrear o casilleiro de vitorias ante o colíder da Liga Feminina 2, Universitario de Ferrol. A pesar diso as mozas dirixidas por Mayte Méndez intentárono durante boa parte do encontro.
O Universitario dominou no marcador desde os primeiros minutos, pero as pontevedresas mantivéronse sempre cerca no electrónico ata o último cuarto de partido, cando as visitantes demostraron o por que da súa clasificación.
Logo de sete xornadas de competición o Arxil segue sen gañar esta tempada e confírmase como pechacancelas do grupo.
CB ARXIL (36): Olga Fedorova (9), Zara Huntley (20), Carla (1), Ana Martín, Sandra (3), Natalia (3), Cristina, Jara, Marina.
UNIVERSITARIO DE FERROL (51): Raquel Asensio (16), Cristina Pedrals (6), Laffi (6), Lett (10), Tajay (6), Marina Feijoo (2), Saray Calvo, Pazos, Ana María Lejo (3), Raquel Montiel (2), Carmen Fernández.
Árbitros: Posada e Morales.
Incidencias: Partido disputado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.